O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na XXXVII Carreira Pedestre Popular, organizada polo Grupo Correo Gallego. Ao remate entregou os premios xunto coa concelleira de Deportes, María Corral.
Case 6.000 corredores de todas as idades participaron nesta edición da Carreira, gañada na categoría masculina, por terceiro ano consecutivo, polo arzuano Lolo Penas. A triunfadora na categoría feminina foi a corredora portuguesa Mónica Silva.
Tras a entrega de premios, como é tradicional, celebrouse no Concello unha recepción aos membros da organización e autoridades.